Boas. Por fin temos un LoCo Galego!. Preséntome. Chamome Guta, son da Coruña e son Admin de sistemas, programador e programador de centrales VoIP Asterisk. Levo con GNU/Linux desde Debian Potato. Utilizo Debian lenny no servidor da miña casa e Ubuntu no Desktop e no curro, e como depende de min, vou instalalo en todala empresa (os servidores xa están virtualizados con Ubuntu JeOS e Xen ou VmWare-Server). O meu Galego e bastante malo...Galego de escola :( (xa que realmente nacín en Zaragora, pero vivín aqui case toda a vida e síntome Galego 100%). E moi difícil falalo ben se non o falas diariamente na tua entidade familiar ademais xa sabedes que os Coruñeses somos uns descatados ;) (e broma, non quero para nada crear este tipo de discusións). O que iba, e que non creio que colabore moito nas traduccións, pero si podedes contar conmigo para calquer tema de difusión, cursiños, reunións, eventos, etc, etc. Un saludo.
Presentación erlguta
Archived thread 1060762 from Galician LoCo Team. Markdown source: Galician_LoCo_Team/thread_1060762_Presentación_erlguta.md
Boas Guta!
Como ves de momento aínda estamos empezando con todo isto, así que a túa axuda vai ser fantástica (especialmente nos temas que dis: difusión, cursiños, eventos...).
Un saúdo! Felipe.
P.S.: Espero que nos activen a lista de correo en breve (así non tardarei en responder tanto tempo :oops: )
Engádome a esta benvida ao LoCo galego. Tamén expresar a miña disposición a axudar na medida das miñas posibilidades con este proxecto.
Moi boas. Non sabía que tíñamos un Loco galego!!! Eu son da Coruña, teño 53 anos e levo con Ubuntu dende a versión 6.10, polo tanto ainda que non programo xa controlo bastante (os problemas eran maiores daquela). Vexo que esto está un pouco parado, a ver si xuntamos un ouco mais de xente e podemos facer algo na Galiza. Unha aperta a tod@s.
ola Brath-ga¡¡
tes razón, eu xa estou tentando atraer visitantes, pero das orellas nos podo traer :D :D