Ubuntu Forums Archive Viewer

Galinux vs Ubuntu en galego

Archived thread 1064240 from Galician LoCo Team. Markdown source: Galician_LoCo_Team/thread_1064240_Galinux_vs_Ubuntu_en_galego.md

Original URL About this archive
#1

Estiven lendo estes días sobre o Galinux e paréceme que é unha tradución do Ubuntu 8.04; de feito, se non entendín mal creo que actualiza polos repositorios do propio Ubuntu. Pensades que realmente hai algunha diferenza entre o Galinux e un Ubuntu 8-04 traducido ao galego (como o meu)? Saúdos.

#2

Vaia pregunta! Pois claro que hai diferencia!

Os logos da Xunta... ;)

#3

Efectivamente ;-) Xa probei o Galinux e non hai ningunha diferenza a parte dos pacotes de galego preinstalados e un fondo de pantalla e unha splash screen distintos. Saúdos!

#4

peixe80 said: Efectivamente ;-) Xa probei o Galinux e non hai ningunha diferenza a parte dos pacotes de galego preinstalados e un fondo de pantalla e unha splash screen distintos. Saúdos!

e durante a instalación (ou uso do livecd) informase de este feito?

porque ainda que sexa software libre (ejem) pois eso sona a un copy/paste barato, e pareceme ben que se fomente este tipo de SO, pero parece un pouco como cando poñen a primeira pedra de algo. Como se a fabricase o Presidente ou o Concelleiro (a pedra).

Ou ten Canonical algunha contrapartida? Se prestou axuda técnica seguramente cobrou, pero máis importante serían acordos de distribución e instalción en Concellerías e organismos públicos.

Non digo nin que a teña que ter nin que lla teñan que dar. Para eso están as licencias de uso, distribución, modificación,....

[B]qué vos parece o Galinux? [/B] a ver se nos imos animando a escribir

#5

pikamoku said: e durante a instalación (ou uso do livecd) informase de este feito?

porque ainda que sexa software libre (ejem) pois eso sona a un copy/paste barato, e pareceme ben que se fomente este tipo de SO, pero parece un pouco como cando poñen a primeira pedra de algo. Como se a fabricase o Presidente ou o Concelleiro (a pedra).

Ou ten Canonical algunha contrapartida? Se prestou axuda técnica seguramente cobrou, pero máis importante serían acordos de distribución e instalción en Concellerías e organismos públicos.

Non digo nin que a teña que ter nin que lla teñan que dar. Para eso están as licencias de uso, distribución, modificación,....

[B]qué vos parece o Galinux? [/B] a ver se nos imos animando a escribir

Preguntas que se se di no LiveCD que isto en realidade é Ubuntu? Pois mira se son preguiceiros (vagos) que nin se molestaron en cambiar a palabra "Ubuntu" por "Galinux". Así que dinche que é Galinux, non che din o que é Ubuntu, pero ponche que a instalación de Ubuntu vai comezar. Menos mal que o usuario medio lle dá todo a aceptar sen ler o que pon. Acabaría esqyuizofrénico XD.