Ubuntu Forums Archive Viewer

Solución a instalación do Modem USB Huawei E1752 en Lucid

Archived thread 1500752 from Galician LoCo Team. Markdown source: Galician_LoCo_Team/thread_1500752_Solución_a_instalación_do_Modem_USB_Huawei_E1752_e.md

Original URL About this archive
#1

Hola

No dia de hoxe pasaronme un modem USB de internet movil da marca Huawei E1752 dunha compañía que non vou a decir para non facer propaganda. O caso é que conectando directamente o modem o porto USB o Network Manager non detecta ningún dispositivo de rede deste tipo. Buscando información pola web o final conseguín a información necesaria para que isto deixase de ser un problema.

O primeiro que temos que instalar é o paquete “usb-modeswitch”:

sudo apt-get install usb-modeswitch

Logo conectaremos o modem USB e premeremos co botón dereito do rato no icono do Network Manager no panel superior do Escritorio de Ubuntu. Veremos que agora pon “Activar a Banda Larga Movil”, pois activamola, e logo damoslle da mesma forma a “Editar as conexións”. Prememos na pestana de “Banda larga movil” e engadimos unha nova conexión. Si antes de instalar o paquete “usb-modeswitch” trataramos de facer isto, veriamos que no combo box donde se escolle o dispositivo a instalar non saia nada, e en troques agora sainos o modelo de modem. Agora so temos que seguir o asistente (escoller pais, compañía, etc) e no último paso por o PIN que nos facilitaron.

Xa temos lista a conexión, agora so temos que activala no Network Manager pinchando co boton Esquerdo na nova conexión que nos sai en “Banda Larga movil” e listo, a navegar.

Non o probei con outros modems de outras marcas e modelos, pero si non vos funciona o que tendes podedes probar. Estaría ben que comentarades se vos funciona ou non.

NOTA: Este post está tamén publicado no meu blogue (mirade firma)

#2

grazas ;)